miércoles, 26 de enero de 2011

Practica 09: usos e costumes

Utilizo o ordenador nas horas de TIC e cando acabo de comer para conetarme o tuenti normalmente. O ordenador uso para iso e para descargar música, ver as series de televisión que non acabei de ver ou para facer traballos e buscar información para eles. Tamén o utilizo para xogar os xogos que baixo de Internet. Ventaxas ten moitas, podes facer os traballos no Word sen ter que escribir ti todo a man, podes buscar información sobre diferentes temas, coñecer xente a través das redes sociais ou simplemente xogar e pasar o tempo diante da pantalla. Eu creo que inconvenientes case non ten pero o peor debe de ser que gasta moita electricidade e que podes acabar tendo un problema de vista se estás moito tempo diante da pantalla. Utilicei un ordenador por primeira vez nunhas clases extraescolares de informática as cales me apuntei cando tiña 8 anos. Ali enseñabanme a utilizar os programas básicos como o paint ou o Word. O primeiro ordenador propio que tiven foi fai 8 anos e regalaronmo pola primeira comunión. Na miña opinión, un ordenador con acceso a Internet para o futuro vai proporcionar ventaxas como non ter que saír a facer a compra e incluso poder exercer o teu traballo dende o teu propio fogar. Persoalmente gustaríame exercer o meu traballo do futuro co ordenador xa que me gustaria traballar nun futuro de diseñadora gráfica.